Saturday 20 de April de 2024

Aprázase o concerto de Sés previsto para este sábado


Logo das últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia (DOG núm. 223, do 04.11.20) para facer fronte á Covid 19, o Goberno Municipal de Fene acordou adiar para o vindeiro mes de marzo o concerto de Sés que ía ter lugar este sábado, 14 de novembro, na Praza do alcalde Ramón José Souto González.
Aínda que até o último momento barallouse a posibilidade de mantelo na data prevista, “xa que estabamos en condicións de garantir un concerto seguro” e a Dirección Xeral de Saúde autorizara ao aumento do aforo até as 146 persoas, finalmente o goberno municipal decidiu aprazalo “á agarda de que a situación sanitaria permita converter o concerto nunha festa á que se achegue moita máis xente de Fene e da bisbarra e con- tribúa a dinamizar o tecido económico do Concello”.